
Feira profesional Formex xaneiro 2021
Do 19 ao 22 de xaneiro de 2021 a Fundación Artesanía de Galicia participará de novo na feira profesional de FORMEX (Estocolmo), dedicada ao sector do interiorismo e da decoración cun stand institucional da marca Artesanía de Galicia.
Os obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia que estean interesados en participar con algunha das súas pezas deberán enviar un formulario anexo para cada unha das súas propostas ao correo electrónico promocion.artesania@xunta.gal antes do xoves 22 de outubro ás 14:00 horas.
Como en anteriores ocasións, a Fundación farase cargo da preparación do material promocional, da organización previa, da atención presencial no evento e tamén da xestión de pedidos, unificando o labor de embalaxe, de facturación e de envío. Deste xeito, ofreceráselle aos compradores unha imaxe sólida da marca Artesanía de Galicia, xa que os pedidos dos clientes adoitan estar compostos por pezas de varios obradoiros artesáns.