Premios Artesanía de Galicia 2020

Galicia
Presentación de candidaturas do 16 ao 27 de novembro

Aberta a convocatoria dos Premios Artesanía de Galicia cos que se recoñeen a traxectoria, a creatividade e o talento do sector artesán galego.

Os premios de Artesanía de Galicia constarán das seguintes categorías:

  • Premio Artesanía de Galicia 2020.
  • Premio Traxectoria 2020.
  • Premio Bolsa Eloy Gesto 2020.

O prazo de presentación de candidaturas iníciase a partir das 8.00 horas do 16 de novembro de 2020 e remata ás 14.30 horas do 27 de novembro de 2020.