Corazón da Artesanía. XIII Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia. CONVOCATORIA PARA OBRADOIROS DE ARTESANÍA DE GALICIA
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, a través da Fundación Pública Artesanía de Galicia, en colaboración co Concello de Agolada (Pontevedra), pon en marcha o Corazón da Artesanía. XIII Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, que se celebrará os días 3, 4 e 5 de xullo nos Pendellos da Agolada.
O principal obxectivo do Corazón da Artesanía é promocionar o sector económico dos oficios artesáns tradicionais, contribuíndo ao seu posicionamento no mercado actual e creando un espazo de interrelación onde conflúan os diferentes eidos que conforman a nosa identidade. Trátase de poñer en valor a nosa artesanía, a música en vivo e a gastronomía, proxectando unha imaxe integral da cultura tradicional e popular de Galicia. O encontro terá un carácter multidisciplinar e plural, tanto desde o punto de vista das actividades a desenvolver como dos oficios representados e das empresas participantes, configurando unha oferta atractiva que satisfaga ao público.
Os obradoiros interesados en participar deberán cubrir a solicitude de participación, antes do 18 marzo ás 14:00 horas, e achegar en adxuntos a seguinte información:
Fotografías dos produtos a comercializar durante o encontro (máximo 5).
Certificado de estar ao corrente en pagos coa Seguridade Social.
Certificado de estar ao corrente en pagos con Facenda.