Acción de debuxo en Ribadavia PRAZO INSCRICIÓNS ONLINE PECHADO
Número de prazas
20
Lugar de celebración
Ribadavia (Ourense)
Data de inicio
07/12/2024
Descrición datas e horarios
Datas: 7 e 8 de decembro.
Sábado: 11:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 horas
Domingo: 11:00 a 13:30 horas
Sábado: 11:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 horas
Domingo: 11:00 a 13:30 horas
Descrición
O evento Artesanía. Saber e Sabor acolle este obradoiro impartido pola ilustradora Catalina Rodríguez Villazón, residente en Lugo.
O sábado, as persoas participantes neste obradoiro realizarán varias ilustracións con acuarelas plasmando o evento Artesanía. Saber e Sabor nuns debuxos que reflictan o seu espírito e o traballo dos artesáns e dos produtos de alimentación que se darán cita no casco vello da vila de Ribadavia.
O domingo pola mañá celebrarase un concurso entre os debuxos elaborados ese mesmo día e seleccionarase un gañador ou gañadora que recibirá un premio de 150 euros e un lote de produtos de Artesanía de Galicia e Artesanía Alimentaria.
Prezo: 20€