Presencial: 10 e 30 de xuño
Online: 12, 16, 18, 22, 25 e 29 de xuño
Fase II
Presencial: 24 de setembro
Asesoramento: do 24 de setembro ao 24 de outubro
Presencial: 8 de novembro
ARTESÁS é un programa de formación, dinamización e acompañamento profesional dirixido a mulleres artesás do medio rural galego, organizado dende a Xunta de Galicia, a través da colaboración da Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo (FuNGATRA) e da Fundación Pública Artesanía de Galicia.
A iniciativa nace co obxectivo de impulsar a profesionalización, a empregabilidade e a visibilidade das mulleres artesás, poñendo en valor o seu papel como transmisoras de oficios, cultura e identidade no rural galego. O programa combina unha primeira fase de formación práctica e creación de rede, aberta a un máximo de 40 participantes, cunha segunda fase de mentoring individualizado para 12 proxectos seleccionados. A través de pílulas formativas, encontros presenciais, networking e asesoramento especializado, as participantes traballarán aspectos clave como a xestión económica, a marca persoal, a fixación de prezos, a proposta de valor, as redes sociais e a colaboración entre proxectos.
ARTESÁS busca fortalecer o sector artesán galego desde unha perspectiva profesional, colaborativa e territorial, favorecendo a consolidación de proxectos sostibles e a creación de redes de apoio entre mulleres artesás do medio rural.
Achégase programa e cronoloxía detallada nun arquivo a descargar nesta publicación.