Banqueta encordada con fibras vexetais. PRAZAS ESGOTADAS

Número de prazas
5
Lugar de celebración
Agolada (Pontevedra)
Data de inicio
05/07/2024
Descrición datas e horarios
Do 5 ao 7 de xullo, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas
Descrición

Impartido por Belén Martínez de Casa Atlántica.

A docente rescata técnicas artesanais de cestería para encordar unha banqueta utilizando fibras vexetais recollidas na súa contorna e con tinguidos naturais. Os participantes trenzarán as fibras de cada banqueta que tamén será elaborada previamente por Casa Atlántica no seu obradoiro. Dirixido a profesionais da artesanía, o deseño e persoas interesadas no oficio da cestería, terán prioridade os obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Prezo: 40 €