Bordado ao aire. PRAZAS ESGOTADAS

Número de prazas
4
Lugar de celebración
Agolada (Pontevedra)
Data de inicio
03/07/2026
Descrición datas e horarios
Do 3 ao 5 de xullo: 11:00 - 14:00 + 16:00 - 21:00
Descrición

Impartido por Zeltia Rodríguez de Zeltia ao Aire-A Coruña 

Este curso de tres días, constará de dúas partes: unha primeira onde se comezará dende cero a facer unha pasamanería e a moverse polo fío de soutache e a facer tres tipos diferentes de recheo, mediante dous padróns tradicionais. Na segunda parte aprenderase a colocar as pezas sobre téxtil e farase unha peza de xoiería, aprendendo así a versatilidade do bordado ao aire. 

Dirixido a profesionais da artesanía, a moda e persoas interesadas en coñecer esta técnica tradicional. 

Número de prazas: 4 /  Prezo: 45 euros