Bordado en la II

Número de prazas
5
Lugar de celebración
A Carbiña (Folgoso do Courel)
Data de inicio
12/08/2023
Descrición datas e horarios
12 e 13 de agosto
De 11 a 13:30 e de 16:00 a 18:00 horas
Descrición

Impartido pola artesá Dolores García do obradoiro Logaro - Ourense
As persoas asistentes aprenderán os puntos básicos e realizarán unha composición floral sobre unha mostra de tecido ou unha prenda tecida sobre a que facer o bordado para customizala dándolle unha nova vida. Non se require ningún coñecemento previo e as persoas asistentes deberán levar un ou dous bastidores de 25 ou 30 centímetros de diámetro e un rotulador para marcar de extinción con auga.

Prezo: 20€