Bordado sobre fotografía (Xornada do 5 de xullo) PRAZAS CUBERTAS

Número de prazas
6
Lugar de celebración
Agolada (Pontevedra)
Data de inicio
05/07/2024
Descrición datas e horarios
5 de xullo, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas
Descrición

Impartido por Minia Banet de Variopinto. 

Neste obradoiro as persoas asistentes aprenderán a bordar sobre imaxes en papel empregando puntos planos e de relevo para engadir cor e textura as fotografías dos pendellos de Agolada. Na primeira metade do obradoiro practicarán puntadas sobre unha mostra e na segunda metade bordarán diferentes fotografías. Non son necesarios coñecementos previos e todo o material está incluido. Asistirá  un grupo de persoas diferente cada un dos días. O obradoiro vai dirixido a profesionais da artesanía, o deseño e persoas interesadas no oficio do bordado, terán prioridade os obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Prezo: 15€