Botellas forradas con fibras vexetais. Artesanía de Galicia no Courel

Número de prazas
6
Lugar de celebración
Centro Sociocultural Fondo de Vila - Folgoso do Courel
Data de inicio
04/08/2021
Descrición datas e horarios
Data: 4 e 5 de agosto

Horario: 10:30 - 13:30 + 15:30 - 17:30  

Descrición

Impartido pola artesá Julia de la Cal do obradoiro La Parabólica - O Porriño (Pontevedra)

Neste obradoiro de cestería forraranse botellas con diferentes materiais e cores e tamén se elaborarán pequenos candeeiros. Os asistentes achegaranse ás técnicas de tecido con fibras vexetais e deseñarán diferentes pezas creativas, coñecendo os principios estruturais, a confección das diferentes partes que permitirán o forrado completo da botella, dende a base ata o peche e diferentes técnicas de tecido: simple, dobre, triple e ribetes para crear texturas.

As persoas asistentes deberán levar as botellas con base redonda coas que desexen traballar e tesoiras.

Prezo: 10 euros