Cesta redonda de vimbio

Número de prazas
8
Lugar de celebración
Froxán
Data de inicio
09/08/2023
Descrición datas e horarios
Datas: Do 9 ao 11 de agosto
Horario: De 10:30 a 13:30 e de 16:00 a 18:00 horas
Descrición

Impartido pola artesá Julia de la Cal do obradoiro La Parabólica - O Porriño (Pontevedra)
Neste obradoiro traballaremos a cestería de varas con base redonda para facer unha cesta con asas. Aprenderemos as técnicas
de tecido con vimbio para elaborar as distintas partes da cesta, dende a base ata o remate con diferentes tecidos.

Prezo: 20€