Cestería con esparto

Número de prazas
6
Lugar de celebración
Os Pendellos, Agolada (Pontevedra)
Data de inicio
08/07/2022
Descrición datas e horarios
Datas: 8, 9 e 10 de xullo de 2022
Horario: 11:30 - 14:00 + 16:00 - 21:30
Descrición

Impartido por Simone Simons - Chelva [Valencia]

Aprenderase a trenzar pleita en bandas longas en diferentes anchuras, con esparto picado e esparto cru. Cosido das bandas con agulla e corda para transformalas nunha cesta ou outra peza desexada. Darase información da planta e a súa preparación para a cestería e da cultura do esparto, a súa historia e as técnicas téxtiles aplicadas.

Dirixido a profesionais e público en xeral interesado na cestería con coñecementos previos.

Número de alumnos: 6  /  Prezo: 50 euros