Charm floral de coiro. PRAZAS ESGOTADAS
Número de prazas
8
Lugar de celebración
Ribadavia (Ourense)
Data de inicio
11/04/2026
Descrición datas e horarios
Sábado, 11 de abril, de 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 19:30 horas
Descrición
Impartido por Antonina Kadyrova, no espazo de Artesanía de Galicia en Ribadavia (Rúa Banda A Lira, 2 Ribadavia) neste obradoiro de iniciación ao coiro cada participante realizará un charm floral para bolso, elixindo entre catro propostas. A través da elaboración desta pequena peza, os participantes achegaranse de xeito práctico a algunhas técnicas básicas como o corte, a ensamblaxe, o cosido e o remate de cantos.