Circula o territorio a través das mans

Número de prazas
15
Lugar de celebración
Os Casares, San Cristovo de Mouricios (Chantada, Lugo)
Data de inicio
22/09/2025
Descrición datas e horarios
Datas: 22-26 setembro 2025
Horario: 10:00h - 14:00h + 15:30h - 19:30h
Descrición

A artista téxtil Rosana Escobar, en colaboración con Idoia Cuesta e Jorge Filipe de Sá Pinheiro, imparte o taller Circula o territorio a través das mans, un workshop no que se expandirá e se reinterpretarán o liño e o vimbio cultivados no Espazo Vilaseco dos Mouricios (Chantada, Lugo) coa intención de buscar expresións artísticas que vaian máis alá do utilitario. Cun enfoque que pon o material como protagonista conectando coa contorna e coa riqueza dos procesos.
No taller exploraranse os materiais como parte dun ecosistema vivo, conectándonos coa paisaxe galega a través de dúas fibras emblemáticas: o liño e o vimbio. Guiados polo divulgador Jorge Filipe de Sá Pinheiro, os participantes familiarizaranse co ciclo de vida do liño, dende a sementeira ata a súa recolleita. Paralelamente, Idoia Cuesta acompañará os participantes no proceso de plantación e extracción da fibra de vimbio. A través do uso de ferramentas tradicionais, obteranse as fibras en diferentes estados, o que permitirá ver a fibra dende a súa natureza (lisa, longa, enredada, dura, branda, suave, elástica). A partir destas calidades da materia, é posible xogar con diferentes técnicas téxtiles coma o afeltrado, encordado e tecido.

Da man da artista téxtil Rosana Escobar e Idoia Cuesta, crearase unha librería de mostras nunha busca de establecer un diálogo co material, creando pontes entre o tradicional e o contemporáneo. A experiencia pecharase cunha exposición colectiva no espazo Vilaseco, onde se amosarán os procesos desenvolvidos durante o taller que exploren novas expresións, narrativas e escenarios para as fibras e as súas múltiples posibilidades.

Prezo xeral: 110€ (Inclúese xantar)

Prezo para inscritos no Rexistro de Artesanía de Galicia: 90 € (Inclúese xantar) 

Organización: Fundación Pública Artesanía de Galicia @artesania_de_galicia

Colabora: Espacio Vilaseco @galeriavilasecolab