Coroas de Nadal en macramé. Quenda de mañá PRAZAS ESGOTADAS
Número de prazas
8
Lugar de celebración
Ribadavia (Ourense)
Data de inicio
20/12/2025
Descrición datas e horarios
20 de decembro de 11:00 a 13:30 horas
Descrición
Neste obradoiro aprenderás macramé desde cero, descubrindo a maxia dos nós para crear unha coroa do Nadal ideal tanto para a porta de entrada como para usar como centro de mesa. Traballaremos cun fío bonito e manexable, ideal para aprender sen complicacións, e engadiremos pequenos adornos do Nadal que darán o toque definitivo á túa peza. Non necesitas ningún tipo de agulla, nin ganchillo, nin ferramentas especiais: só as túas mans e ganas de gozar. O material está completamente incluído, e poderás levar a túa coroa practicamente terminada, lista para dar os últimos toques en casa e lucila nestes días tan especiais.
Docente: Madejas Tejerlo
Prezo: 15€