Crear cor colleitando a paisaxe

Número de prazas
12
Lugar de celebración
Os Casares, San Cristovo de Mouricios (Chantada, Lugo)
Data de inicio
10/06/2026
Descrición datas e horarios
Datas: Do 10 ao 14 de xuño
Horario: De 11:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:30 horas
Descrición

Crear cor colleitando a paisaxe é un curso de especialización na obtención da cor para a súa aplicación sobre téxtiles, a partir de materiais locais, impartido pola tinguidora e historiadora Lala de Dios (Madrid) e a artista téxtil Rosana Escobar (Colombia). A través do curso, as persoas participantes coñecerán as posibilidades de cor que lles ofrece cada territorio, aprenderán o xeito de colleitar e traballar coa natureza para obter colorantes e mordentes e a súa posterior aplicación á peza final. Este curso permitirá volver á esencial conexión co territorio a través das plantas que nos ofrecen tanto alimento como cor, para poder aplicar na artesanía, e crear pezas desde o contemporáneo seguindo métodos que nos permiten incorporar a paisaxe autóctona, tal e como se fixo durante miles de anos. Dirixido a artesáns, deseñadores, estudantes e creativos en xeral. Non é necesaria experiencia previa.

Na solicitude hai que achegar un CV ou bio profesional xunto cunha carta de motivación.

Precio inscrición: 90€ (inclúe o xantar)

Programa:

1. O universo da cor desde varios ángulos: histórico, técnico, biolóxico, ecolóxico, circular e cultural desde a perspectiva de cada práctica. Conexión entre cor, territorio, horta e alimento.

2. Extracción dos colorantes e mordentado das fibras. Historia das tinguiduras naturais e pasos básicos do proceso. Realización dun mostrario básico de dous ou tres tinguiduras e modificadores tinguindo diferentes fibras proteicas (la, seda) e celulósicas (algodón, liño, fique, vimbia) que poderán estar en forma de fibra, fío ou tecido.

3. Cor e reacción, primeiros exercicios de tinturas cos extractos de cores preparadas anteriormente e tinguido con índigo.

4. Cor e territorio: recolección e forrajeo no bosque e na horta para cultivar materiais tintóreos do territorio.

5. Introdución ás técnicas de tinguido. Explicación das técnicas ecoprint, hapazome, shibori e Ikat. Aspectos simbólicos e psicolóxicos relacionados co uso das tinguiduras naturais nas diversas culturas e o significado da cor. Cada participante traballará cun retrinco de tea para rexistrar os seus experimentos ao longo do taller.

6. Preparación de cores con materiais silvestres recollidos no forrajeo

7. Proxecto privado utilizando os materiais, tinguiduras e técnicas aprendidas que consideren máis adecuados para os seus obxectivos, co acompañamento das docentes.

8. Exposición e posta en común de traballos realizados. Reflexións, aprendizaxes e experiencias tanto dos mostrarios como do lenzo final.

9. Cor e alimento. Extracción de tinguiduras dos ingredientes de cociña e creación dunha peza colectiva. Comezarase preparando os ingredientes da cociña para o xantar de peche, separando os refugallos que se utilizarán para tinguir. Cada asistente dispoñerá dunha peza cadrada de seda de 70x70cm xa mordentada que tinguirá cos ingredientes que queira utilizando a técnica do ecoprint. Creación da peza colectiva coa unión de todos os retrincos de tea.