Curso completo de sombreirería. Aprender da tradición: Oficios e técnicas (PRAZAS ESGOTADAS)
Número de prazas
8
Lugar de celebración
Santiago de Compostela
Data de inicio
02/10/2024
Descrición datas e horarios
Os mércores dende o 2 de outubro ata finais de xuño.
Horario: 16:00 a 18:00 horas
Horario: 16:00 a 18:00 horas
Descrición
Docente: Félix de Martín
O obxectivo deste curso é aportar os coñecementos e técnicas necesarias para formar artesáns e artesás especializados na sombreirería, cunha base sólida teórica e práctica, con capacidade para crear pezas de alta calidade técnica e estética.
O curso divídise en dúas partes diferenciadas pero complementarias, a elaboración de sombreiros de rúa e a modistería de tocados e adornos.