Curso de iniciación á forxa. Aprender da tradición. Oficios e técnicas PRAZAS CUBERTAS
Horario: De 09:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas
Docente: Telmo Cao
Dirixido a profesionais da artesanía, docentes e estudantes de Artes e Oficios, Belas Artes ou de Formación Profesional relacionada co metal.
Contido:
O temario do curso é o seguinte:
A forxa
- Como é e como funciona unha forxa
- Utensilios para manexala e método
- Como quentar o ferro no lume con carbón
- Ferramenta de traballo e as súas características (incre, martelo, tenazas, etc)
Procedementos de traballo fundamentais
- Posición de traballo
- Traballos fundamentais (estirado, recalcado, afiado, ensanchado, apuntado,
dobrado, curvado e rebaixado)
- Corte en quente coa talladeira
- Realización de cravos e a súa importancia na aprendizaxe.
Ferramentas para punzonar e a súa aplicación
- Realización de punzóns e mandriles (templa de aceiros e procesos térmicos)
- Punzonado con ferramenta feita previamente
Como rebaixar e escotar
- Realización dunhas tenazas para a forxa
- Retorcidos varios na forxa (sinxelo, en piña, en canal, etc)