Curso de marroquinería fina. Deseño e elaboración dun chestbag

Número de prazas
10
Lugar de celebración
Santiago de Compostela
Data de inicio
24/05/2024
Descrición datas e horarios
Datas: 24, 25, 31 de maio | 1, 8, 14 e 15 de xuño
Horario:
Venres: 16:00 a 20:00 horas
Sábados: 10:30 a 14:00 e de 15:30 a 20:00 horas
Descrición

Docente: Ezequiel Franchi - Raíces Nómadas Atelier

Dirixido a profesionais da marroquinería e estudantes de Artes e Oficios con experiencia previa. 

Contido: 

Impartirase unha breve parte teórica que consistirá en diferenciar e recoñecer os distintos tipos de materiais. Levarase a cabo o 100% da realización do bolso, dende a transferencia dos patróns á pel ata os últimos remates.

As técnicas a desenvolver son as seguintes:
● Costura á man.
● Patróns.
● Instalación de herraxes.
● Remate de bordes con pintura.
● Forrado en pel.
● Técnica de reberete.
● Utilización de reforzos.
● Construción e instalación de cremalleira.
● Construción de strap.
● Construción do peto interior.

Na selección terán prioridade os obradoiros de coiro inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia que formen parte do colectivo Creativas Galegas.