Curso de marroquinería fina. Elaboración dunha tote bag con asas ríxidas (PRAZAS AGOTADAS)

Número de prazas
8
Lugar de celebración
Santiago de Compostela
Data de inicio
16/02/2024
Descrición datas e horarios
16 de febreiro: De 16.00h a 20.00h
17 de febreiro: De 10:30 a 14:00 e de 15:30 a 20:00h
1 de marzo: De 16.00h a 20.00h
2 de marzo: De 10:30 a 14:00 e de 15:30 a 20:00h
9 de marzo: De 10:30 a 14:00 e de 15:30 a 20:00h
15 de marzo: De 16.00h a 20.00h
16 de marzo: De 10:30 a 14:00 e de 15:30 a 20:00h
22 de marzo: De 10:30 a 14:00 e de 15:30 a 20:00h
23 de marzo: De 10:30 a 14:00 e de 15:30 a 20:00h
Descrición

Impartido por Ezequiel Franchi, do obradoiro Raíces Nómadas Atelier e en colaboración con Creativas Galegas, este curso está dirixido a artesáns profesionais e estudantes de escolas de artes e oficios con coñecementos previos do traballo con coiro.

O obxectivo é que as persoas asistentes elaboren un bolso tote bag, a través de distintas técnicas e o seu perfeccionamento. 

Programa:

Impartirase unha breve parte teórica que consistirá en diferenciar e recoñecer distintos tipos de materiais. Levarase a cabo o 100% da realización do bolso, dende a transferencia dos patróns á pel ata os últimos remates.
As técnicas a desenvolver son as seguintes:
- Costura á man.
- Patróns.
- Instalación de herraxes.
- Remate de bordes con pintura.
- Forrado en pel.
- Construcción de asas tubulares.
- Emprego de reforzos.