Curso intensivo de iniciación á patronaxe

Número de prazas
6
Lugar de celebración
Santiago de Compostela
Data de inicio
25/02/2023
Descrición datas e horarios
Datas: 25 e 26 de febreiro
Horarios: 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:30 horas
Descrición

Impartido por Ana Prados, neste curso de 16 horas, introducirémonos no mundo da patronaxe. As persoas asistentes adquirirán os coñecementos básicos para poder realizar os patróns base, e saber transformalos para poder crear os seus propios proxectos.

Prezo matrícula: 30 €

Programa:

Día 25 (4 horas):

1- Toma de medidas

2- Patrón base a medida de cada asistente

3- Folguras e afinado do patrón base

4- Marcar o patrón en tea de retor

Día 25 (4 horas):

5- Confección do patron base na tea de retor

6- Proba e axuste

7- Trasladar axustes ao patrón

8- Patrón base de manga e confección en tea de retor

9- Montar manga ao corpo xa confeccionado, proba e axustes

Día 26 (4 horas):

10- Patrón base de saia

11- Transformación do patrón base a diferentes tipos de saias

Día 26 (4 horas):

12- Explicación e posta en práctica sobre o traslado de pinzas

13- Diferentes transformacións do patrón base de manga.