Da terra ao azulexo en tres días e catro técnicas PRAZAS ESGOTADAS

Número de prazas
16
Lugar de celebración
Os Casares (San Cristovo de Mouricios, Chantada - Lugo)
Data de inicio
28/07/2025
Descrición datas e horarios
Datas: Do 28 ao 30 de xullo
Horarios: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas
Descrición

Docente: Carlos Jiménez Cenamos @DelAmorYlaBelleza

Prezo: 70€ (inclúe xantar de mediodía)

Dirixido a ceramistas e interesados con coñecementos previos de cerámica.

Requírese achegar na solicitude biografía profesional ou CV.

PROGRAMACIÓN:

O universo do azulexo cerámico é extremadamente extenso, cheo de técnicas tanto ancestrais como contemporáneas, que permiten obter unha gran variedade de superficies, texturas, volumetrías e características técnicas.  Neste taller, realizarase un percorrido xeral que permitirá comprender o proceso completo de transformación de barros locais galegos en superficies continuas de azulexos. Para iso, divídense as actividades en seis bloques temáticos:

  • Presentación de traballos realizados no taller do docente de forma que clarifique as actividades que se van a realizar ao longo de todo o taller.
  • Traballo con barro fresco galego, para elaborar azulexos mediante laminado cerámico con rodete, incluíndo o raiado e perfilado do envés.
  • Elaboración de moldes de escaiola e realización de azulexos mediante a técnica do apertón.
  • Formulación de esmaltes de alta e baixa temperatura, combinando bases comerciais con óxidos naturais. Tamén se elaborarán probetas para testar as cores dos esmaltes.
  • Esmaltado de azulexos de baixa temperatura, utilizando pezas semi-industriais xa bizcochadas. Así poderase coñecer de preto o proceso de esmaltado.
  • Esgrafiado sobre engobes, de forma que as persoas asistentes poderán familiarizarse con técnicas de debuxo e/ou narración sobre azulexos.
  • Programación e cocción das probetas e azulexos de baixa temperatura realizados durante o primeiro día do taller.