Deseño e elaboración de útiles de mesa PRAZAS ESGOTADAS

Número de prazas
4
Lugar de celebración
Agolada (Pontevedra)
Data de inicio
04/07/2025
Descrición datas e horarios
Datas: Do 4 ao 6 de xullo
Horario: 11:00 - 14:00 + 16:00 - 21:00
Descrición

Impartido por Santiago Besteiro de Santiago Besteiro Design - Leborei, Monterroso [Lugo]

O docente propón a elaboración de pezas nas que se mesturaran diferentes oficios e técnicas adaptados ás estéticas e necesidades actuais. A primeira fase adicarase ao deseño e elaboración de culleres de madeira de bidueiro talladas á man con coitelos cunha posterior intervención con fibras naturais ou coiro. A segunda parte do obradoiro dedicarase á elaboración dun recolledor de migas coa correspondente vasoira empregando técnicas da cestería tradicional e a talabartería para crear pezas estéticas e funcionais para habitar a mesa contemporánea. Dirixido a profesionais da artesanía, o deseño e persoas interesadas no interiorismo.

Número de alumnos: 4 /  Prezo: 40 euros