Diario gráfico Corazón da Artesanía
Número de prazas
20
Lugar de celebración
Os Pendellos (Agolada, Pontevedra)
Data de inicio
08/07/2023
Descrición datas e horarios
Sábado, 8 de xullo: De 11h a 14h e de 16 a 21h
Domingo, 9 de xullo: De 11h a 14.30h
Domingo, 9 de xullo: De 11h a 14.30h
Descrición
Impartido por Santi Sallés, colabora El Patito Editorial.
A proposta para as persoas asistentes será facer un diario gráfico desta décima edición do Corazón da Artesanía. A través de varios exercicios irán debuxando nun caderno os distintos postos e accións que se vivirán na feira e o instrutor será o encargado de ir revisando o proceso de elaboración de cada asistente. O domingo pola mañá celebrarase un concurso entre os diarios elaborados e a persoa gañadora recibirá un premio cunha dotación económica de 350 euros, achéganse as bases regulatorias en documento adxunto. Dirixido a interesados no debuxo e a ilustración, terán prioridade os obradoiros inscritos no RExistro Xeral de Artesanía de Galicia.
Prezo matrícula: 20€