Diario gráfico Corazón da Artesanía: Urban sketching. As mans que traballan (PRAZAS ESGOTADAS)

Número de prazas
20
Lugar de celebración
Agolada (Pontevedra)
Data de inicio
06/07/2024
Descrición datas e horarios
Datas: 6 e 7 de xullo
Horario:
Sábado - 11:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 horas
Domingo - 11:00 a 13:00 horas
Descrición

Impartido por Maru Godàs - Barcelona

As persoas participantes aprenderán recursos para captar o ambiente do evento nos pendellos de Agolada. Traballarán técnicas para capturar a beleza do espazo, as cores da paisaxe e a contorna. A continuación, explorarán a figura en acción, capturando o belo proceso dos artesáns en directo. Para finalizar, achegaranse a debuxar as artesanías de preto, onde xogarán coa cor e a textura. Ademais do debuxo, abordaranse aspectos como a composición de varios elementos nunha dobre páxina, a lectura visual e o uso da mancha e a liña. O domingo pola mañá celebrarase un concurso entre os diarios elaborados e seleccionaranse dous gañadores. A persoa gañadora do primeiro premio recibirá unha dotación económica de 350 euros e a segunda un lote de produtos de Artesanía de Galicia. Dirixido a interesados no debuxo e a ilustración.

Colabora : El Patito Editorial 

Prezo: 20€