Ecogravado. Artesanía de Galicia no Courel
Número de prazas
6
Lugar de celebración
Antiga Escola Unitaria de Parada (Folgoso do Courel)
Data de inicio
05/08/2021
Descrición datas e horarios
Datas: Do 5 ao 8 de agosto
Horario: 10:30 - 13:30 + 15:30 - 17:30
Horario: 10:30 - 13:30 + 15:30 - 17:30
Descrición
Impartido pola artesá Isabel Somoza do obradoiro Augatinta - Lugo
As persoas asistentes coñecerán as posibilidades expresivas dos materias que desbotamos con respecto ás técnicas de edición gráfica, e iniciaranse na introdución dos elementos naturais da contorna nas composicións persoais e técnicas de gravado.
Contido do obradoiro:
- Fabricación de papel artesán a partir de estampacións inservibles.
- Creación de tintas con materiais naturais.
- O reporte de imaxes con papel siliconado.
- Aproveitamento do Tetrabrick para as técnicas adaptadas de: punta seca, barniz brando e
imitación de lápiz.
- Colografía con materias naturais e de refugallo.
- Xilografía tradicional sobre palets. Técnica xaponesa de talla e estampación
Prezo: 20 euros