Elaboración dun bolso sellier en pel. PRAZAS ESGOTADAS
Horario: 10:00 a 14:00 | 15:30 a 19:30 (venres só tarde)
Impartido por Ezequiel Franchi Gil do obradoiro Raíces Nómadas Atelier, este curso iniciarase cunha breve parte teórica que consistirá en diferenciar e recoñecer distintos tipos de materiais e levarase a cabo o 100% da realización do bolso, dende a transferencia dos padróns á pel ata os últimos remates. O curso está dirixido a profesionais da artesanía e alumnos e alumnas de escolas de oficios e o deseño con coñecementos previos. O obxectivo é que as persoas asistentes elaboren un bolso de man con técnica sellier e asa semirríxida móbil, através de distintas técnicas e o seu perfeccionamento.
As técnicas a desenvolver son as seguintes:
● Costura a man.
● Construción de sistema de reforzo da solapa con flexe de metal
● Instalación de ferraxes.
● Remate de bordes con pintura.
● Forrado en pel.
● Construción de asa semirríxida e móbil
● Utilización de reforzos.
● Construción de fondo semirríxido
● Construción de bolso interior
● Costura á subela