Elaboración dun tallo encordado. Artesanía de Galicia no Courel. PRAZAS ESGOTADAS

Número de prazas
5
Lugar de celebración
A Carbiña - Parada (Folgoso do Courel)
Data de inicio
05/08/2026
Descrición datas e horarios
Datas: do 5 ao 9 de agosto
Horario: 11:00 -13:30 + 16:00 - 18:00
Descrición

Impartido pola artesá Belén Martínez de Casa Atlántica - Redondela (Pontevedra)
Da man da docente as persoas asistentes ao obradoiro de tallo encordado con fibras vexetais traballarán cinco días aprendendo sobre as diversas técnicas artesanais de cestería que Belén rescata para encordar un tallo, empregando fibras vexetais recollidas na súa contorna e con tinguidos naturais, entre outros materiais. 

Dirixido a principiantes con coñecementos básicos ou persoas con experiencia.

Prezo: 40 €