Engastado elemental de pedra natural non calibrado e composición de fornitura

Número de prazas
8
Lugar de celebración
Os Pendellos, Agolada (Pontevedra)
Data de inicio
08/07/2022
Descrición datas e horarios
Datas: 8, 9 e 10 de xullo de 2022
Horario: 11:30 - 14:00 / 16:00 - 21:30
Descrición

Impartido por Noroeste Obradoiro - Santiago de Compostela (A Coruña)

Jose Castro e Antonio Ibáñez, gañadores do Premio Artesanía de Galicia 2016, vertebran Noroeste Obradoiro, tamén recentemente nomeado Premio Produto dos Premios Nacionais de Artesanía 2021. As persoas asistentes aprenderán conceptos elementais do engastado de pedras naturais e as premisas que estes profesionais da xoiería empregan para a composición das súas fornituras.

Dirixido a profesionais e estudantes do oficio da xoiería.

Número de alumnos: 8  /  Prezo: 50 euros