Formación estratéxica para a "nova artesanía"

Lugar de celebración
Online
Data de inicio
06/10/2020
Descrición datas e horarios
As clases online impartiranse a razón de unha por semana, os días 6, 13, 20 e 27 de outubro, ás 19:00 horas.
Descrición

A Fundación Pública de Artesanía de Galicia organiza este curso de formación online en estratexia empresarial e novos modelos de xestión. A chamada “nova artesanía” sitúase no centro dunha economía sostible e centrada nas persoas, e apóiase nuns valores empresariais e culturais innovadores e diferentes; por iso, os profesionais da artesanía necesitan apoiarse en novos modelos de xestión empresarial.

Contidos:

  • estratexia: que facemos ? temos algo que cambiar?
  • marketing: como vendemos o que facemos?
  • indicadores: como medimos o que facemos?
  • obradoiro: exercicio consistente en aplicar o contido do curso ao propio negocio dos asistentes

O curso darase sobre unha plataforma como Teams, Meet, Zoom ou similar, compatible cos sistemas operativos de Windows e de Apple e abrirase un fórum de discusión para o grupo.

Cada sesión terá unha duración de 90 minutos, distribuídos do seguinte xeito:
- 15 minutos (máximo) de presentacións, na sesión 1, e de debate sobre preguntas da sesión anterior nas sesións 2, 3 e 4
- 60 minutos de presentación do contido da sesión
- 15 minutos de discusión sobre o tema tratado
- entre sesións, os participantes poden interactuar entre eles nun foro
- tras o remate do curso ofreceranse sesións individuais de consultoría de 60 minutos para axudar na aplicación que cada un dos participantes terá feito dos contidos impartidos.

Número de prazas dispoñibles: 25

Equipo docente
As autoras do contido do curso son Xènia Viladas e Marta Ruiz de León.
Xenia Viladàs, Economista e MBA pola University of Westminster no Reino Unido.
Experta en deseño de servizos, deseño de negocios, deseño estratéxico e estratexia corporativa; como tal, ten traballado en políticas públicas de deseño dende BCD (Barcelona Centro de Diseño) e dende o Ministerio de Industria; ten colaborado con organizacións sectoriais do téxtil, da madeira e o moble, da cerámica, e da artesanía e ten asesorado a empresas como Sargadelos, Finsa, Área Espacios Efímeros, Marcelo and partners, entre outros. No eido académico, colabora con diversas universidades en España e no extranxeiro e foi profesora e directora do departamento de Deseño de Servizos no Savannah College of Art and Design, SCAD, (Savannah, GA).

Marta Ruiz de León, Economista e postgrado en dirección de empresas por IESE
Experta en dirección de empresas: foi socia e CEO da firma mariano, socia e responsable de alianzas estratéxicas para a unidade de negocio inmobiliario de Boj Inmobiliaria, e responsable da dirección financeira do grupo. No ámbito docente é profesora especialista de postgrado na Escola Superior de Deseño de Madrid.