FORO PROFESIONAL DE INSTRUMENTOS MUSICAIS #RESONANCIAS

Número de prazas
30
Lugar de celebración
Claustro gótico da Catedral de Tui
Data de inicio
04/08/2021
Descrición datas e horarios
4 e 5 de agosto
Descrición

Música no claustro convoca na Catedral de Tui o foro profesional de instrumentos musicais #RESONANCIAS. Dende unha perspectiva interdisciplinar e patrimonial, centran a atención na investigación e documentación, así como na innovación das técnicas de construción, restauración e conservación preventiva dos instrumentos musicais. Este encontro patrocinado pola Xunta de Galicia, a través da Fundación Artesanía de Galicia, achega a profesionalización e divulgación dos oficios artesanais nun diálogo co tecido artístico. Un programa comisariado por Samuel Diz.

Para quen?

Destinado a perfís vencellados aos oficios artesanais e construción de instrumentos musicais. Artistas, intérpretes musicais e profesionais da xestión cultural e da conservación en coleccións e institucións museísticas. Industria musical e outras empresas transversais.

Estudantes e profesorado de ámbito académico en áreas de musicoloxía, etnomusicoloxía, historia da arte, ou xestión do patrimonio cultural, así como disciplinas técnicas de enxeñaría.

Prezo xeral: 50€

Prezo reducido para artesás e artesáns que formen parte do Rexistro Xeral Artesanía de Galicia: 20€

Número máximo de inscricións: 30 persoas

Cales son os obxectivos do foro?

Intercambiar coñecementos profesionais e crear sinerxias nun tecido artesán disperso promovendo un lugar de encontro profesional en Galicia.

Tratar patrimonialmente os instrumentos musicais e os oficios coma elementos de identidade cultural e oportunidade de mercado, acorde aos obxectivos da Axenda 2030.

Profundizar e impulsar a investigación e innovación científica na construción, restauración e conservación preventiva dos instrumentos musicais.

Programa

MÉRCORES, 4 de AGOSTO

9.30h  Entrega de acreditacións.

10.00h  Benvida e dinámica de presentacións profesionais.

BLOQUE 1. INNOVACIÓN DESDE A TRADICIÓN

Coñecemos as innovacións técnicas de cinco obradoiros e reflexionamos sobre o emprego de madeiras galegas na construción de instrumentos musicais, en diálogo coa visión intersectorial do enxeñeiro Francisco Pedras Saavedra, técnico titular do Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia.

10.45h  Xaneco. Percusións de man con novos sistemas de tensión.

11.15h  Pablo Sánchez Otero. A plantilla de Torres como base de construción da guitarra.

11.45h Héctor Salgado. Fuxir do esquecemento. Aproximación ao pandeiro cadrado das Frieiras.

12.15h a 12.45h Pausa

12.45h  Xosé Manuel Gil e Antón Corral. Novos punteiros graves para novas inquedanzas musicais.

13.15h Mesa redonda. O EMPREGO DE MADEIRAS GALEGAS

BLOQUE 2. ICONOGRAFÍA MUSICAL E TECIDO ARTÍSTICO

Non hai intérprete sen instrumento, nin instrumento sen intérprete. Dende o románico do Pórtico da Gloria ata o barroco da Catedral de Tui, a arte sacra ocupouse de perpetuar esta relación simbiótica que revivimos nunha conversa con Begoña Riobó e Anxo Pintos, artistas protagonistas do concerto desta noite no festival.

16.30h Isabel Rei Samartim. Representacións iconográficas dos instrumentos de corda pulsada no patrimonio monumental galego.

17.00h Xermán Arias. Unha interpretación das violas ovais do Pórtico da Gloria.

17.30h Suso Vila. A música descoñecida do capitel románico da Catedral de Tui.

18h Conversa. ARTESÁNS E INTÉRPRETES, UNHA RELACIÓN SIMBIÓTICA.

18.45h Sara Quintana. Percorrido polos retablos barrocos da Catedral de Tui.

XOVES, 5 de AGOSTO

BLOQUE 3. OS INSTRUMENTOS MUSICAIS NOS MUSEOS

Os museos custodian nos seus depósitos importantes coleccións de instrumentos musicais. Profundizamos nos retos de restauración, conservación preventiva e divulgación destes bens patrimoniais ao carón de profesionais especializados xunto á visión de Natalia Fraguas, conservadora do Museo de Pontevedra, e Elena Vázquez, vicepresidenta da Asociación Instrumenta e conselleira técnica da Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación dos Bens Culturais do Ministerio de Cultura e Deporte.

10.00h Régis Floury. A conservación dos valores tecnolóxicos e funcionais dos instrumentos musicais nos museos.

10.45h Elena Vázquez. Contextos lexislativos dos instrumentos musicais.

11.15h José Catoira. A recuperación dos violíns de Andrés Gaos.

11.45h Natalia Fraguas. A colección permanente de instrumentos musicais do Museo de Pontevedra.

12.15h a 12.45h  Pausa

12.45h Samuel Diz. A guitarra de Lorca, un instrumento vivo.

13.15h Mesa redonda. O TRATAMENTO DOS INSTRUMENTOS MUSICAIS NAS COLECCIÓNS MUSEÍSTICAS

BLOQUE 4. PROFESIONALIZACIÓN E DIVULGACIÓN DOS OFICIOS ARTESANAIS

Construír un instrumento é manter viva a herdanza dunha cultura. A transformación do saber en oficio é unha oportunidade laboral e ao mesmo tempo unha proxección dunha identidade, misións principais da Fundación Pública Artesanía de Galicia. Pechamos este foro profesional coa participación de Gaitas Seivane e Guitarras Ramírez, dous obradoiros familiares de longa duración que salvagardan un valioso patrimonio inmaterial.

16.30h Belén Bermejo e Andrés Díaz. Catalogación e divulgación dos órganos de Galicia.

17.15h Fran Rodríguez. Aportacións artesanais na construción dunha guitarra eléctrica.

17.45h Álvaro Seivane e Xosé Manuel Sánchez Rei. Xosé Manuel Seivane no centenario do seu nacemento: A gaita con maiúscula.

18.15h Elena Fabeiro. Facemos marca. Artesanía de Galicia.

18.45h Mesa redonda. OS SABERES E OFICIOS. RETOS E OPORTUNIDADES DE MERCADO NO HORIZONTE DA AXENDA 2030.

19.30h. Despedida.