Fotografía de produto co móbil

Número de prazas
15
Lugar de celebración
Online
Data de inicio
15/11/2021
Descrición datas e horarios
Datas: 15, 22 e 29 de novembro.
Horario: 17:30 a 20:30 horas

Descrición

Docente: Xaime Cortizo. Fotógrafo, creativo e experto en comunicación visual.

Programa:

Módulo 1: Conceptos esenciais de fotografía.
 1.1. Luz e parámetros básicos fotográficos.
- Exposición, Apertura, Velocidade e ISO.
- Intensidade da luz.
- Direccionalidade.
- Fontes de luz.

 1.2. Color & Branco e negro  e Linguaxe Visual.
- Psicoloxía cromática. ¿Que transmiten as cores?
- Linguaxe visual.
 
1.3. Composición
- Regla dos tercios.
- Simplificar.
- Punto de vista.
- Encuadre e equilibrio da imaxe.
 
 Módulo 2: Cámara do móbil e accesorios.
 
2.1. Coñece a cámara do teu móbil (Android e IOS iPhone )
- Modos de disparo Manual e Automático (retrato, nocturno, macro, panorámico, ráfaga,...).
- As diferentes cámaras do noso móbil: Ultra gran angular, angular, teleobxectivo, zoom óptico e dixital.
- Axustes da cámara (disparador, cuadrícula,…).
- Formato de imaxe e formatos para redes sociais (4:3, 4:5, 16:9, 1:1) fotos verticais e horizontais.

2.2. Dominio da luz natural e emprego de luz artificial afondando nos conceptos vistos ata o de agora.
 
2.3. Accesorios que melloran  os resultados:
- Trípodes.
- Caixas de luz.
- Ergonomía.
- Solucións creativas.
 
2.4. Técnicas fotográficas
- Bodegón ou Flatlay.
- Retrato.
- Estilismo.
  
 Módulo 3: Proxecto fotográfico adaptado a cada disciplina.
 
3.1. Resumo de conceptos básicos, visionado, organización, selección das imaxes e copia de seguridade.
 
3.2. Aspectos esenciais á hora de comezar a editar as imaxes. Elección de aplicacións de edición
- Snapseed (Gratuita, iOS e Android ): Descarga e tratamento de imaxes.
- Lightroom (Gratuita, iOS e Android ): Descarga e tratamento de imaxes.

3.3. Búsqueda de linguaxe propia e identidade fotográfica.

 

Criterios de selección: Teñen prioridade os titulares de obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, a continuación as persoas con carta de artesá/n pero que non conten con obradoiro inscrito. Terase en conta a orde de chegada das solicitudes nesta convocatoria.

As persoas que confirmen asistencia, unha vez se lles comunique o listado de aceptados, comprométense a asistir a todas as sesións agás por motivos de forza maior debidamente xustificados. De non ser así, isto será motivo de non aceptación en vindeiras accións formativas.