Garrafón forrado con fibras de cores (Prazo inscricións pechado)
Número de prazas
5
Lugar de celebración
Os Pendellos (Agolada, Pontevedra)
Data de inicio
07/07/2023
Descrición datas e horarios
Do 7 ao 9 de xullo de 2023
Descrición
Impartido por Belén Martínez de Casa Atlântica, a docente rescata técnicas artesanais de cestería para decorar un garrafón utilizando coloridos cables, fibras vexetais e outros materiais reutilizados. Os participantes trenzarán un garrafón dende cero aprendendo sobre os materiais e ferramentas que precisen e como preparalos, así como a crear patróns únicos, diferentes técnicas de trenzado e as posibilidades que estas ofrecen. Dirixido a profesionais da artesanía, deseñadores e interesados no oficio da cestería, terán prioridade os obradoiros inscritos no RX de Artesanía de Galicia.
Prezo matrícula: 35€