Iniciación ao picote (Prazas esgotadas)
Número de prazas
5
Lugar de celebración
O Hío (Cangas do MOrrazo)
Data de inicio
25/11/2023
Descrición datas e horarios
Datas: 25 e 26 de novembro
Horario: 10.00 a 14.00 e 15.30 a 19.30 horas (o domingo tan so pola mañá)
Horario: 10.00 a 14.00 e 15.30 a 19.30 horas (o domingo tan so pola mañá)
Descrición
Docentes: Obradoiro Pal.lium
Contido: O picote, tamén coñecido como candil, é un pano denso urdido con liño ou algodón e tramado con la que tradicionalmente se teceu en toda Galiza. Foi empregado para diferentes usos, pero principalmente para a confección de prendas de vestir tanto de muller como de home. Este ten unha técnica de tecido particular que descubriremos e coa que experimentaremos neste curso.
Total horas: 12
Neste obradoiro terán prioridade os inscritos no RX de Artesanía de Galicia. As persoas non inscritas deberán achegar un curriculo coa formación ou descrición dos coñecementos que dispoñan do oficio do tecido.