Iniciación ao tecido Jacquard dixital empregando o tear TC2 (CANCELADO)

Número de prazas
6
Lugar de celebración
Espazo Vilaseco - San Cristovo de Mouricios, 2 (Chantada, Lugo)
Data de inicio
02/10/2023
Descrición datas e horarios
Datas: 2 - 3 de outubro
Horario: 10:00h a 14:00h - 15:30h a 19:30h
Duración: 16 horas
Descrición

Descrición:
Proceso do tecido con tecnoloxía Jacquard. Comeza cunha breve introdución sobre as características do tear dixital manual TC2 (Thread Control). Con posterioridade recórrense todos os pasos do proceso comezando pola creación dunha imaxe dixital propia e rematando coa súa realización no tear.
Despois de creada a imaxe dixital, créanse os ligamentos e técese unha proba de texturas. Unha vez elixidas as texturas máis axeitadas, aplícanse á imaxe (posta en carta) e técese o deseño.

Os participantes deberán levar: Libreta de apuntes con papel cuadriculado e ordenador persoal con instalación de Photoshop.

Obxectivos:
Ao final do curso, o obxectivo é levarse as probas dos ligamentos e texturas, un deseño propio tecido no tear dixital e terse iniciado no proceso da tecnoloxía Jacquard.
 

Docente:
Francesca Piñol Torrent (Barcelona) @francescapinol Licenciada en Antropoloxía con posgraos en Deseño Téxtil e Estudos Africanos e un Máster en Arteterapia. Ampliou estudos na Escola de Deseño de Copenhage e no CIETA (Centre International de Étude des Textiles Anciens) de Lyon. Seleccionada en residencias artísticas en Contextile 2012 (Guimaraes, Portugal) e no proxecto Art5ic Circle en 2015 e 2024.

Na súa obra persoal combina diversas técnicas aínda que o tecido Jacquard -que combina coas tinguiduras naturais- é o que máis emprega. A súa participación no proxecto Arte e Neurociencia, onde amosa a través do tecido paisaxes neuronais descubertos en investigacións recentes, recibiu Mención de Honra na competición internacional Art of Neuroscience 2018.
 

Prezo xeral: 50 €
Prezo para obradoiros inscritos no Rexistro Xeral Artesanía de Galicia: 40€
A matrícula inclúe o xantar dos dous días.