Iniciación á espartería. PRAZAS ESGOTADAS
Número de prazas
10
Lugar de celebración
Agolada (Pontevedra)
Data de inicio
05/07/2024
Descrición datas e horarios
Do 5 ao 7 de xullo, de 11:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 horas.
Descrición
Impartido por Pedro A. Blanco de Ubedíes Artesanía - Úbeda [Jaén]
As persoas asistentes traballarán en técnicas de trenzado e cosido do esparto, elaborando unha alfombra e outras pezas con fibras como a pita ou o sisal que tradicionalmente o docente elabora no seu obradoiro de sexta xeneración, finalista do Premio Nacional de Artesanía 2016 e pertencente ao Proxecto “Craft in Progress” Premio Nacional de Artesanía para Entidades Públicas 2019. Dirixido a profesionais da artesanía, o deseño e interesados no oficio da cestería, terán prioridade os obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
Prezo: 40 €