Iniciación á marquetería. Artesanía de Galicia no Courel

Número de prazas
6
Lugar de celebración
Fundación Uxío Novoneyra. Folgoso do Courel
Data de inicio
03/08/2022
Descrición datas e horarios
1º obradoiro:
Do 3 ao 5 de agosto
Horario: 10.30 - 13.30 / 16.00 - 18.00

2º obradoiro:
Do 6 ao 7 de agosto
Horario: 10.30 - 13.30 / 16.00 - 19.00
Descrición

Impartido polo artesán restaurador de instrumentos musicais e luthier Régis Floury (Baiona, Pontevedra).

As persoas asistentes aprenderán a realizar unha marquetería sobre unha caixa de madeira. A partir dun debuxo escollido por un mesmo, elixirán as cores coas diferentes chapas de madeira que haberá a disposición dos asistentes. Aprenderán a construír un paquete coas chapas, recortalas coa segueta e montar a marquetería, encolándoa sobre a caixa para finalmente realizar os remates precisos.

Organizaranse dous obradoiros, un do 3 ao 5 de agosto e outro os días 6 e 7 de agosto. Ao realizar a solicitude hai que indicar en observacións, para cal se fai dita solicitude.

Prezo: 20 euros