Iniciación á marquetería (PRAZO INSCRICIÓNS PECHADO)
De 11h a 14h e de 16h a 21h
Impartido por Régis Floury de Espacio Hylica.
Neste obradoiro veranse tres grandes técnicas de marquetería tradicional. Para realizar un taboleiro de xadrez utilizarase o chapado xeométrico, a tarsia a toppo e a técnica por superposición ou técnica Boulle. Sobre unha das caras realizarase o taboleiro do xadrez aprendendo a compoñer unha matriz de dúas madeiras distintas. Sobre a traseira do taboleiro aprenderase a técnica Boulle onde realizarase un debuxo que se engadirá nun fondo chapado. Ao finalizar a marquetería, empregarase goma laca para vernizar o taboleiro. Dirixido a profesionais e público en xeral interesado en técnicas de carpintería, terán prioridade os obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
Prezo matrícula: 35€