Número de prazas
6
Lugar de celebración
Agolada (Pontevedra)
Data de inicio
03/07/2026
Descrición datas e horarios
Do 3 ao 5 de xullo: 11:00 - 14:00 + 16:00 - 21:00
Descrición
Impartido por Belén Martínez de Casa Atlántica - Redondela [Pontevedra]
A docente propón a elaboración de lámpadas empregando técnicas de cestería para os trenzados de materiais como rafia de cores, cordeis e outras fibras naturais para darlle máis xogo e padróns singulares ás pezas. A estrutura da pantalla tamén se creará en tiras naturais. Inclúese o portalámpadas e todo o necesario para que as persoas asistentes leven a peza xa lista para usar.
Dirixido a profesionais da artesanía, do deseño e persoas interesadas na decoración de interiores.
Número de alumnos: 6 / Prezo: 45 euros