Máscaras e aldeas de vimbio. Artesanía de Galicia no Courel

Número de prazas
8
Lugar de celebración
A Carbiña - Parada (Folgoso do Courel)
Data de inicio
05/08/2026
Descrición datas e horarios
Datas: do 5 ao 9 de agosto
Horario: 11:00 - 13:30 + 16:00 - 18:00
Descrición

Impartido pola artesá Julia de la Cal do obradoiro La Parabólica - O Porriño (Pontevedra)
Este obradoiro, de cinco días de duración (22.5h), comezará coa construción colectiva dun conxunto de estruturas de vimbio a modo de pequenas cúpulas instaladas formando unha aldeiña. A continuación aplicaranse as técnicas e o coñecemento do material adquiridos para facer cadansúa máscara de vimbio e outras fibras.

Prezo: 40€