Maxi bufanda. Quenda de mañá PRAZAS AGOTADAS
Neste obradoiro descubrirás unha forma ancestral e divertidísima de tecer: utilizando os teus dedos como único utillaje, igual que se facía antigamente cando as pezas nacían directamente entre as mans. Aprenderás a distinguir entre punto raso e punto baixo, traballando cunha la XL de gran formato que facilita moitísimo o proceso e fai que avance rápido. Non necesitarás nin agullas nin ganchillo, e por suposto, tampouco coñecementos previos: simplemente gañas de pasalo ben, mover as mans e deixarte levar. E o mellor de todo: empezarás e terminarás a túa peza no propio taller. Será unha sesión divertida, relaxada e moi creativa, onde redescubrirás a maxia de tecer como o facían as nosas avoas: amodo, coas mans, e poñendo un pedacito dunha mesma en cada punto.
Impartido por Madejas Tejerlo