A maxia de contactar co cliente

Número de prazas
15
Lugar de celebración
Online
Data de inicio
05/04/2021
Descrición datas e horarios
5, 9, 14, 16, 19, 26, 27,28, 30 de abril
Descrición

Impartido por Eloy Gesto da Escuela Inventa, o curso desenvolverase en formato online e os asistentes terán unha hora de titoría individual co docente.

O obxectivo do curso é entender as motivacións do cliente no proceso de compra, preparase para adaptar a nosa resposta á sicoloxía do cliente e xerar unha comunicación que esperte esa conexión co cliente.

Programa do curso:

1. A psicoloxía para a venda no século XXI

  • A venda
  • A venda relacional
  • Psicoloxía
  • Inspirar ao cliente
  • Embaixadores da marca

2. A prevenda

  • A comunicación
  • Ideas que nos limitan
  • Os móbiles de elección
  • Valor vs Precio
  • O Pitch Comercial

3. A entrevista comercial

  • Inicio - Presentación
  • Coñecemento
  • Argumentación
  • Resolver obxeccións
  • Conseguir o peche

4. A postvenda

  • Coherencia
  • Servizo

Tras as sesións grupais e a sesión individual celebrarase unha xornada final ou peche de seminario no que cada participante presentará unha demo de 2 minutos e un pitch comercial de 3 minutos co fin de compartir as conclusións xerais de cada participante e as aprendizaxes conseguidas.

Nº de prazas: 15

Criterios de selección: Teñen prioridade os titulares de obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e a continuación as persoas con carta de artesá/n pero que non conten con obradoiro inscrito. Terase en conta a orde de chegada das solicitudes. 

As persoas que confirmen asistencia, unha vez se lles comunique o listado de aceptados, comprométense a asistir a todas as sesións agás por motivos de forza maior debidamente xustificados. De non ser así, isto será motivo de non aceptación en vindeiras accións formativas.