A mesa perfecta

Número de prazas
8
Lugar de celebración
Agolada (Pontevedra)
Data de inicio
05/07/2024
Descrición datas e horarios
5 de xullo, de 18:30 a 20:30 horas
Descrición

Impartido pola directora de arte Rosana A. Agrelo.

Non importa o lugar, a ocasión ou o número de comensais, unha mesa ben posta axúdanos a desfrutar dos momentos que dedicamos a comer. Neste obradoiro aprenderemos a utilizar dunha maneira práctica e creativa diferentes elementos que aportan á mesa unha personalidade propia. Dirixido a interesados na decoración do fogar.

Prezo: 15 €