Novas artesanías para novas ecoloxías. PRAZAS ESGOTADAS

Lugar de celebración
Espazo Vilaseco - San Cristovo de Mouricios, 2 (Chantada, Lugo)
Data de inicio
21/09/2024
Descrición datas e horarios
Prezo xeral: 60€
Prezo reducido para obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia: 50€
Descrición

A Fundación Artesanía de Galicia organiza as Xornadas “Novas artesanías para novas ecoloxías”, coa colaboración do Espazo Vilaseco, nas que se pon o foco sobre a potencialidade do medio rural como xerador de novas vías de desenvolmento culturais, sociais, medioambientais e económicas futuras. As persoas relatoras caracterízanse polo seu traballo de investigación en materiais, nos oficios tradicionais e a súa hibridación con técnicas e tecnoloxías contemporáneas. 

As Xornadas, que se celebrarán no Espazo Vilaseco en San Cristovo de Mouricios no Concello de Chantada (Lugo) durante os días 21 e 22 de setembro, están comisariadas por Raquel Buj, arquitecta e deseñadora especializada na investigación e experimentación con materiais e na biofabricación para a moda; e por Carlos Jiménez Cenamor, ceramista e arquitecto, gañador do Premio Produto Artesán 2023 nos Premios de Artesanía da Región de Murcia.