Obradoiro Bio*Cerámica. Narrativas da paisaxe e da súa cultura. PRAZAS ESGOTADAS.

Número de prazas
20
Lugar de celebración
Espacio Vilaseco - San Cristovo de Mouricios, 2. Chantada.
Data de inicio
17/09/2024
Descrición datas e horarios
Datas: 17-20 setembro
Horario: 10:00-14:00 e 15:30 a 19:30
Duración: 32 horas
Prezo xeral: 110€ (Inclúese xantar)
Prezo para inscritos no rexistro de Artesanía de Galicia: 90€ (Inclúese xantar)
Descrición

BIO*CERÁMICA: Narrativas da paisaxe e da súa cultura é un taller de experimentación, un convite a explorar a intersección entre a contorna rural, a perspectiva ambiental durable, o tecido social e a cultura local, co obxectivo de construír unha ponte entre pasado e futuro a través da creatividade e da innovación.
Os participantes mergullaranse na hibridación das técnicas cerámicas e dos biomateriais da contorna, para capitalizar os coñecementos e as técnicas locais de manipulación da arxila e das fibras vexetais (liño, vimbio, castañas) honrando a tradición e a historia da comunidade que habita a paisaxe local, e sempre mirando cara ao futuro.