Obradoiro de bordado sobre fotografía

Número de prazas
1000
Lugar de celebración
Tui (Pontevedra)
Data de inicio
02/08/2020
Descrición

Docente: Minia Banet, do obradoiro Variopinto (http://studiovariopinto.com/)

Datas: 2 e 3 de agosto

Horario: 16:00 a 20:00 horas

Total horas: 8h.

Coste inscrición: 35 €

Número de prazas: 10

Contido: Celebrado no marco dunha nova edición do evento Música no Claustro, que se celebra na catedral de Tui (Pontevedra), neste obradoiro aprenderemos a bordar sobre fotografías tomadas na propia catedral. Mediante puntos planos e puntos de relevo crearemos un bastidor cheo de cor e textura. Non son necesarios coñecementos previos, é un obradoiro que se adapta tanto a principiantes como a avanzados.Todos os materiais estan incluidos agás as tesoiras que as deberá de aportar cada asistente. Ao finalizar o curso, os alumnos terán unha peza orixinal rematada nun bastidor e lista para decorar unha parede.