Obradoiro de modelaxe. O corte ao biés. PRAZAS ESGOTADAS
Impartido por Javier Martín Galán.
Xornada I: Presentación do curso | Bases da técnica do moulage | A estrutura do tecido e a elasticidade | Comportamento dos tecidos no biés | Os usos do biés ao longo da historia | O descubrimento de Madeleine Vionnet | Diferentes aplicacións do biés: paneis, círculos e retículas. Exercicio práctico: modelado dun vestido ao través con escote desbocado e insercións romboidales no costado
Xornada II: Exercicio de modelado dun vestido ao través con escote halter e saia de estrutura reticulada.
A Fundación Artesanía de Galicia dispón de dúas prazas neste curso organizado por Ana Prados Academia en Santiago de Compostela que serán outorgadas a obradoiros rexistrados do eido do téxtil e a moda. Precísase que na solicitude de participación se achegue currículo ou biografía profesional da persoa solicitante.