Proxecto Bolina. Tecendo pasado e futuro.

Número de prazas
15
Lugar de celebración
Agolada (Pontevedra)
Data de inicio
04/07/2025
Descrición datas e horarios
Datas: Do 4 ao 6 de xullo
Horario: 11:00 - 14:00 + 16:00 - 21:00
Descrición

Impartido por Amalia Puga - A Guarda  [Pontevedra]

Un obradoiro para descubrir a arte da confección de redes dende unha mirada creativa e contemporánea. Partindo de técnicas tradicionais de atado de nos e materiais que regresan do mar, crearase unha instalación colaborativa, que combine deseño, experimentación e artesanía. O proceso culminará con esta instalación, como símbolo visual do encontro entre mans, ideas e memoria do mar. Dirixido a profesionais da artesanía, o deseño e persoas interesadas na decoración e o interiorismo. Requírese ser maior de idade.

Número de alumnos: 15 /  Prezo: 40 euros