Queda a pegada. Curso de esgrafiado. PRAZAS ESGOTADAS

Número de prazas
12
Lugar de celebración
Os Casares, Chantada (Lugo)
Data de inicio
16/07/2026
Descrición datas e horarios
Datas: 16, 17, 18 e 19 de xullo de 2026
Horario: 11:00 - 14:00 + 15:30 - 19:30 horas
Descrición

Queda a pegada é un curso centrado na técnica tradicional do esgrafiado de paredes, impartido pola artista Gloria García Lorca, pola ceramista Loaira Pérez de Raposiñas e por Carola Carrot, artesá no ámbito da construción. O curso propón unha viaxe cara a dentro da parede para protexela, arroupala e embelecela. Os esgrafiados son pegadas que quedan, marcas na pel das paredes e muros. A parede é o soporte e o esgrafiado pasa a ser parte construtiva do soporte, non é só un efecto embelecedor senón que serve para protexer o muro da humidade e da erosión. Aplícase a capa da base, de calquera cor e despois a capa de calquera grosor e así comeza a viaxe de fóra cara a dentro e de dentro cara a fóra. No curso utilizaranse as técnicas tradicionais de esgrafiado que permitirán entrar en espazos ocultos e descubrir contidos e novas posibilidades. Rabuñando capas irase desvelando o que en principio nin se ve nin se imaxina.
Dirixido a profesionais da artesanía e do deseño. Terán preferencia os obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Prezo: 120 € (*100€ para obradoiros inscritos no RX de Artesanía de Galicia). Comida incluída

Documentos