#RESONANCIAS22 FORO PROFESIONAL DE INSTRUMENTOS MUSICAIS

Número de prazas
50
Lugar de celebración
Claustro da Catedral de Tui
Data de inicio
04/08/2022
Descrición datas e horarios
4 de agosto
Descrición

Patrocinado por Artesanía de Galicia, Música no Claustro convoca a segunda edición deste foro profesional de instrumentos musicais, o xoves 4 de agosto na Catedral de Tui. Dende unha perspectiva patrimonial e intersectorial, RESONANCIAS 22 dá continuidade a temas tratados na anterior edición, como a investigación, restauración e conservación preventiva dos instrumentos musicais históricos, xunto ao desenvolvemento e innovación de novas técnicas e materiais de construción.

En paralelo, RESONANCIAS 22 formula novos temas de debate e reflexión que nacen das oportunidades na simbiose do tecido profesional musical e artesán, da igualdade de xénero nos obradoiros de construción de instrumentos musicais ou a certificación e regularización da formación e profesionalización dos oficios artesanais. Un programa comisariado polo músico e investigador Samuel Diz.

PARA QUEN    

Destinado a perfís vencellados aos oficios artesanais e construción de instrumentos musicais. Artistas, intérpretes musicais e profesionais da xestión cultural e da conservación en coleccións e institucións museísticas. Industria musical e outras empresas transversais. Estudantes e profesorado de ámbito académico en áreas de musicoloxía, etnomusicoloxía, historia da arte ou xestión do patrimonio cultural, así como disciplinas técnicas de enxeñaría.

Prezo xeral: 30€ / Prezo reducido para obradoiros inscrito RXAG: 15€ *

Número máximo de inscricións: 50 persoas

 OS OBXECTIVOS DO FORO    

Intercambiar coñecementos profesionais e crear sinerxías nun tecido artesán disperso promovendo un lugar de encontro profesional en Galicia.

Motivar o movemento asociativo profesional e o intercambio de necesidades e demandas entre o tecido artesán e o sector musical.

Impulsar a I+D+i intersectorial na construción, restauración e conservación preventiva dos instrumentos musicais.

Tratar os instrumentos musicais e os oficios coma elementos de identidade cultural e patrimonial, a igualdade de xénero nos obradoiros artesanais e a oportunidade de mercado, acorde aos obxectivos da Axenda 2030.

PROGRAMA

 9h15    Entrega de acreditacións

 9h30    Café de benvida e dinámicas de presentacións profesionais

 10h    Conferencia e encontro con Jonathan Santa Maria Bouquet, conservador do Museo de Instrumentos Musicais Santa Cecilia da Universidade de Edimburgo, e doutor en Filosofia da Música coa tese Reconstructing a lute by Sixtus Rauwolf.

 11h    Presentación de Labra - Asociación Profesional Galega de Construción de Instrumentos Musicais: Francisco Luengo (presidente) e Pablo S. Otero (tesoureiro).

 11h30    Mesa redonda intersectorial sobre o emprego de madeiras galegas na construción de instrumentos musicais.

Montserrat Rodríguez Ogea, directora de innovación da Axencia Galega da Industria Forestal - XERA

Francisco Pedras Saavedra, técnico titular do Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia - CIS

José Catoira, artesán

 12h30         PAUSA CAFÉ    

 13h    Conferencia e encontro con Antonio Suárez Martín, director do Centro Albayzín: Escola de formación profesional do Servicio Andaluz de Empleo e Centro de Referencia Nacional de Artesanía.

 14h         XANTAR    

 16h30    Conferencia e encontro con Elena Vázquez, conselleira técnica da Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación dos Bens Culturais do Ministerio de Cultura e Deporte.

 17h30    Sería posible contruír unha musette en Galicia? Encontro con Nadia Vázquez Martínez, intérprete e investigadora musical pola LUCA School of Arts - Campus Lemmens (Bélxica).

 18h    Estudo e restauración do óboe barroco Stanesby I da Catedral de TuiOli Xiráldez, artesán e David Garrido, oboísta.

 18h30    Mesa redonda: a presenza de mulleres nos obradoiros de instrumentos musicais

Ana Fariña, artesá

Julia Marín Ramírez, artesá

Saínza Seivane, artesá

 19h30     DESCANSO, PASEO, CEA ... 

 21h30    Concerto A musette no século XVIII de Nadia Vázquez Martínez, en conmemoración dos 300 anos do retablo da Expectación da Catedral de Tui.